No corazón da Terra de
Montes
aterrizou unha nave estelar,
dentro dela viña un Santo
para ós labregos poder axudar.
Coa súa dozura no ollar,
El enseñounos a crer
que a fe é popular.
No lombo do pico de Abeleira,
en Xirarga de Beariz de Montes,
e nun planalto moi singular,
catequizounos coa fe verdadeira.
A morada do Señor
fixerona de pedra,
para orar con fervor.
Enseñounos a amar e perdoar,
axudar a quén deles precisar,
coa leveza d´alma voar e rezar
na súa carballeira a descansar.
Levar os Santos no camiñar,
no día catro de agosto,
cada ano a peregrinar.
Enseñounos a cantar e traballar,
labrar as terras e gradear,
a pesar da terra moi dura
facer dela un xardín exemplar. |